Despois de moito loitar para que Chantada recibira o trato que merece dentro das Directrices de Ordenación do Territorio, podemos informar de que o obxetivo está acadado, xa que a categoría que finalmente se nos outorga dentro do novo documento é a de CABECEIRA DO SISTEMA URBANO INTERMEDIO. Para que se entenda un pouco mellor a importancia que iste feito pode chegar a ter de cara ó desemvolvemento da nosa comarca transcribimos un parrafo das DOT:
-Como referencias territoriais para as actuacións dos espazos para actividades económicas o Modelo territorial das DOT establece as seguintes:
As Rexións urbanas e Áreas urbanas das sete cidades principais de Galicia e as cabeceiras do Sistema urbano intermedio considéranse como Áreas de interese prioritario no desnvolvemento de novos solos para a localización de actividades económicas. Nelas desenvolverase unha política de ordenación, xestión e promoción urbanística dos solos de actividade económica que abranga a mellora dos solos consolidados, a reconversión e remodelación das áreas industriais obsoletas, o desenvolvemento dos solos desocupados con cualificación industrial e a promoción dos polígonos existentes.
...pobo que non se move é pobo morto
Plataforma polo Desenvolvemento Socio-económico da Comarca de Chantada
...pobo que non se move, é pobo morto
viernes 2 de julio de 2010
miércoles 30 de junio de 2010
DIRECTRICES DE ORDENACION DO TERRITORIO
Acaban de sair publicados os documentos que compoñen as Directrices de Ordenación do Territorio. Dende a Plataforma estamos a facer un estudio en profundidade dos mesmos i en breve estaremos en condicións de informar á cidadanía sobre que funcións vai a ter Chantada en base á categoría que finalmente se lle outorga.
sábado 12 de junio de 2010
PRESENTACIÓN DAS DOT
O pasado día 10 o Conselleiro fixo unha presentación das Directrices de Ordenación do Territorio na que explicou, por exemplo, para que serven as DOT, quen redactou o documento, como vai ser o proceso de aprobación e algún outro asunto que todo o mundo sabía ou presupoñía, pero do que realmente interesa, nada.
Seguiremos agardando a que algún día presenten o documento; din que vai ser durante o presente mes, xa veremos.
Seguiremos agardando a que algún día presenten o documento; din que vai ser durante o presente mes, xa veremos.
miércoles 2 de junio de 2010
APOIOS INTITUCIONAIS
A Plataforma convocou o Luns día 31 unha xuntanza onde foron chamados os distintos partidos políticos do Concello de Chantada e na que se lles plantexou a necesidade de buscar apoio institucional tanto a nivel Comarcal como no partido xudicial.
Asemade da xunta directiva da Plataforma de Chantada, asistiron Xosé López Fernández do grupo socialista -PSdG-, os nacionalistas Ildefonso Piñeiro e Xesús Mazaira -BNG- e Jose Manuel López dos populares -PP-.
Tanto o PSOE coma BNG apoian esta iniciativa, respaldando as nosas peticións E o PP apoia que se faga só na Comarca. Para elo iremos falando cos alcaldes e corporacións municipais, para que leven a pleno nos distintos Concellos esta iniciativa da Plataforma e que se considere a disposición territorial e a estructura económico-social para ordear así, tódolos Concellos que conforman a actual Comarca.
Dende esta Plataforma consideramos este feito como un dos máis importantes entre os acontecidos na Historia recente da nosa Comarca, dada a relevancia do documento. Así pois, continuaremos traballando nesta campaña que ten como obxetivos a recollida de apoios entre os elementos afectados por esta decision, e a informar á poboación co fin de dar a coñecer as pésimas consecuencias que tería para a nosa Comarca unha aprobación das DOT tal e como o documento estaba redactado.
viernes 28 de mayo de 2010
A RESPOSTA
A resposta que obtivemos desde a Consellería ás nosas preguntas e demandas foi que "a clasificación que finalmente se outorgue a Chantada será a adecuada a súa realidade actual e prespectivas de futuro" ¿...?, i ademais, tanto desde a Consellería coma desde a Delegación Territorial da Xunta en Lugo están dispostos a informarnos da decisión que finalmente adopten ó respecto ¿...?.
CARTA Ó CONSELLEIRO
Recentemente enviamos un escrito dirixido ó Sr. Conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras, D. Agustín Fernández de Rojas, no que se lle fixo unha breve presentación da Plataforma e se lle fixo chegar a preocupación da cidadanía da Comarca de Chantada pola clasificación que se lle outorga dentro do documento das Directrices de Ordenación do Territorio (DOT), ademais, formuláronselle unhas preguntas moi concretas e demandóuselle, unha vez mais, a intervención dun técnico que despexe as dúbidas existentes.
miércoles 17 de marzo de 2010
INTERVENCION NO PLENO
O martes día 16 de marzo a Plataforma presentou unha solicitude no Concello de Chantada para que, un portavoz da mesma, poida intervir no próximo pleno municipal coa finalidade de acadar o apoio unánime da Corporación para que a Xunta de Galicia, no documento das Directrices de Ordenación do Territorio (DOT), considere a Chantada como CABECEIRA DO SISTEMA URBANO INTERMEDIO e non como subcabeceira.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)